outra vaca no millo

Tuesday, June 27, 2006

Nova zelanda interesada na industria cinematogŕafica galega.



¿será certo?

A consellería de presidencia ven de publicar unha noticia na sua web onde afirma que nunha entrevista do presidente da xunta co embaixador de nova zelanda no noso país, este manifestou o interese que empresas do seu pais lle transmitirion para establecer posibles vias de colaboración coa industria cinematográfica galega, especificamente no campo da animación.

Recordemos que en novazelanda non son precisamente novatos no mundo do audiovisual. Vale! non son Hollywood, pero temos que recordar que hai moitas producción a nivel internacional de gran taquillaxe que son rodadas ala (non esquezamos a saga do señor dos aneis, rodada integramente nas terran neozelandesas e con técnicos locais).

Empresas como WingNut Films ou Weta digital ltd. teñen un recoñecido prestixio mundial, e falando no campo do son, non podemos esquecer a Camperdown studios ou a The film unit, que están entre as mellores do mundo con profesionais como Ethan van der Ryn ou o mítico Mike Hopkins (ambos galardonados con maís dun oscar nalgunha categoría relacionada co son) ¿imaxinadesvos traballar con eles codo con codo? (Je, je. bueno, eso sería moito, pero soñar non costa nada ;)

A ver, señores do sector. Si e de verdad (e non solo un bolo da xunta e do embaixador en españa) esta pode ser unha oportunidade moi, pero que moi importante para entrar no mercado anglozaxon, tan pechado a productoras non anglosaxonas. De todas formas, xa é para sacar peito, que desde as nosas antipodas veñanse a interesar polo que se está facendo aquí. Eso quere decir que tan mal non se debe estar traballando, ou polo menos eso aparenta ;) (Xa sabedes o k digo sempre: unha cousa é o que se aparente e outra a chicha k hai realmente).

Por certo: Seguro que hai algun galego taballando na industria do cine polas australias. Fijo. ¿conocedes algun?

Labels:

Monday, June 26, 2006

Concesions de axudas a guións audiovisuais

Xa saliron as concesions das axudas para a elaboración de guións. En total foron 14 os proxectos seleccionados (de entre maís de 100), e que se beneficiarán de axudas que van dende os 12.000 € para os proxectos que maís reciviron, ata os 8.500 € dos que menos recibiron.

Ahi vai a lista dos proxectos (e persoas) escollidos:

1.- Setembro, de Xosé Manuel Bazarra Maneiro (12 000 €)
2.- Baixo o mesmo teito, de Rosa Castro Legazpi (12 000 €)
3.- Marela, unha road movie bovina, de Pedro Vila Taboas (12 000 €)
4.- Alguén externo, de Beatriz Santana Dopeso (12 000 €)
5.- Da fonte, de José Juan Morgade López (12 000 €)
6.- Amence en Bouzas, de Xosé Castro Puga (12 000 €)
7.- Tra-las luces, de Sandra Sánchez Cachaza (12 000 €)
8.- O creador de nubes, de Carlos López Rios (11.000 €)
9.- A conta atrás, de Carlos Portela Orjales (11.000 €)
10.-Outro mais, de Ricardo Llovo Otero (9.000 €)
11.- Monte Pindo, de Joaquín Judas Diz Otero (9.000 €)
12.-Na madrigueira do lobo, de Adolfo Ponte Velasco.. (9.000 € )
13.-Baixo os paus, de Oscar Losada Castro (8.500 €)
14.-A banda de Matusalén, de Felipe C. Amil (8.500 €)

Noraboa aos seleccionados, e a ver se vemos pronto eses proxectos concretados nunha producción. Por certo: acordadevos de solicitar a aceptación da axuda (creo que tedes cousa de 5 días ou así), senon vadela perder ;) Ao resto de solicitantes / solicitantas acordadebos tamen que tedes un prazo para recuperar o material que achegastes para solicitar a axuda.

Mais info na nota de prensa da conxellería de cultura da xunta.

Labels: ,

Curtas na rede...



45 obras presentadas, e xa estan listo para a entrega de premios. Segundo informa codigo cero, este martes no teatro principal de Santiago, as 12:00 do mediodía vaise celebrar a entrega dos premios correspondentes.
Noraboa a todos os participantes, e que haxe suerte.

Webe de curtas na rede.
Noticia en codigo cero.

Labels:

Friday, June 23, 2006

Mais sobre mundos...

Bueno, bueno: Mundos dixitais está a puntito a puntito. Queda un pouco mais de unha semana. A esta hora han de estar dos nervios a xente do virtualLab da uni da curuña, inda que bueno, xa van pola quinta edición, i eso curte rapaz ! ;) Un saudiño para eles, e a noraboa por que están facendo un dos poucos proxectos en galicia que realmente merece a pena a nivel internacional.

Bueno, o que quería dicir eu era que (aparte de botar unhas poucas flores a quen o merece ;) pis que pouco a pouco se van revelando maís contenidos do certame. Acabamos de saber que ademais da sección "profesional" de pago, onde distintos profesionais (corrixo: alguns dos mellores profesionaís) van presentar diversos traballos en areas punteiras da animación (superman, X-men, cars, Universidade de California... ), e do festival internacional de cortos de animación (con 173 obras presentadas: chupate esa, non está mal para ser a primeira edición!!!!) , vai haber tamen duas areas públicas: unha de videoxogos, onde, segun parece (xa sabedes que unha cousa e o que se dí, e outra cousa é ao final o resultado) vanse amosar ao público en xeral o último das tendencias en videoxogos, e logo unha iniciativa do cluster (supoño que maís que nada para sacar tajada institucional) presentando obras do audiovisual galego. Na xunta están moi contentos desto ultimo, senon mirade a importancia que lle dan.

Bueno, nos vamonos quedar coa pena de non poder ser parte dos afortunados e afortunadas que poidan asistir ao evento por motivos de traballo, pero daremos cumprida información (ou polo menos opinión) do que vaia pasando no certamen, sempre segundo a información que nos vaian pasando as nosas "fontes"

Labels:

Thursday, June 22, 2006

Mais axudas...

Segundo comentan no blog "a peli do dia", a consorcio audiovisual de galicia acaba de sacar unha convocatoria de axudas para a producción audiovisual. Esta vez é para coproduccions galego-arxentina-catalanas. O importe máximo das axudas é de 50.000 EUR. por proxeto.

Aqui tedes o enlace ao post na peli do dia.

E aqui o enlace ao doga onde sale a convocatoria.

Por certo, un comentario inocente... ¿ten algun sentido convocar unha axuda para coproduccions galego-catalana-arxentinas? ¿sera que hai algun proxecto xa en marcha con socios de esas 3 procedencias que necesita unha pequena inxeccion monetaria? Quieeeeeeto, suso, k t pierdes... ;)

Labels:

Thursday, June 15, 2006

OEEEE, OEEEE, OEEEE



A por ellooooos oeeeeeee
A por ellooooos oeeeeeee
A por ellooooos oeeeeeeeeeeeeeee
A por eeeellos oe oe oe

EsPaña 4 - Resto do mundo 0

(sin comentarios ;)

Tuesday, June 13, 2006

European Film crossing borders en Sanse...



Convocouse para o 22,23 e 24 de setembro de este ano, e coincidindo coa celebración do festival de cinema de Donosti, a celebración da European Film crossing borders.

Este evento é unha reunión onde os mellores profesionais do cinema europeo imparten clases maxistrais onde explican os seus traballos anteriores e a sua forma de concebir e facer cine.

Está organizado pola fundación autor, e o prazo para a inscripción remata o 11 de agosto (inda que se te matriculas antes do 30 de Xuño tes un desconto do 20 % ).

Maís info na webe http://www.eufilmscrossingborders.com

Labels:

Monday, June 12, 2006

Outra de axudas...



Os da xunta están que non paran!!!

Desta vez de man da xente de presidencia.

Despois das axudas a producción audiovisual, acaba de sair estes días outra convocatoria de axudas para a promoción e difusión do patrimonio audiovisual galego.

Destaca desta convocatoria que aparece por primeira vez o eido musical contemplado coma parte da industria audiovisual galega (¡Xa iba sendo tempo!), posto que se incluen axudas para a celebración de eventos tipo concertos. Outras actividades axudables son a celabración de estreas ou a realización de viaxes a foros internacionais para a promoción de producción audiovisual galega.

Se queredes solicitar algunha axuda, dependendo do tipo de actividade para a que seña, tedes de prazo ata o 1 de xullo, ou ata o 31 de decembro.

Tedes maís info na nova web de axudas da Dirección xeral de comunicación audiovisual da consellería de presidencia, e as bases da convocatoria no doga do 1 de xullo do 2006.

Thursday, June 08, 2006

Mundos dixitais 2006...



Xa falta menos de un mes para a celebración da edición 2006 de mundos dixitais, e estase a is cargando de contidos, pouco a pouco.

Este ano, trataranse entre outros temas:
¿qué vos parece?. E estade atent@s, porque os organizadores inda gardan maís sorpresas por anunciar.

Para maís info:www.mundosdigitales.org

Informe sobre as industrias culturais de Galicia



Baixo o patrocinio de caixanova, e dentro dos seus cuadernos de investigación sobre innovación e estratexia empresarial, vense de publicar un informe sobre o estado das industrias culturais de galicia. Dentro destras industrias, o informe inclue a industria audiovisual. Un extenso informe de 200 páxinas que ten unha pinta moi pero que moi interesante.

O informe esta dispoñible para a sua descarga de forma gratuita dende a paxina web do instituto de desenvolvemento de caixanova.

Enlace ao informe (.pdf)

Labels:

Tuesday, June 06, 2006

A voltas coas subvencións...

Tras unha detida lectura das bases das subvencións convocadas por cultura no DOGA do 23 de maio do 2006, gustariame deixarvos caer unha serie de ideas a ver que vos parecen a vos:

Produccións audiovisuais en lingua galega: Ese é o destino das subvencións. Pero non vos deixedes enganar: Non é certo. Este era un dos maiores atrancos e reparos que sempre se lle encontraron a este tipo de subvencións. Explicome: Por un lado resulta evidente que si é a xunta quen concede as axudas, e si o audiovisual está considerado como sector estratéxico, as axudas deberían ir para este sector ¿si? OK, eu penso k hasta aquí todos de acordo. O problema viña cando se planteaba a siguiente pregunta: Vale, hai que incentivar o sector audiovisual galego, pero... ¿qué é o sector audiovisual galego? ¿o que se fai en galicia? ¿o que se fai en galego? ¿e as coproduccións con empresas de fora son galegas ou non? ¿e si se roda en ingles?¿e si é muda a pilicula?... Non quero aburrirvos, ademaís seguro que xa escoitachedes esta cantinela moitas veces dende o 99 (cando se declarou ao sector coma estratéxico).

A onde quero chegar, e que hai uns poucos meses, os actores implicados no sector audiovisual (productoras, profesionais, entidades públicas, Televisións, Radios, asociacións... ), xuntaronse nunhas xornadas para tentar definir o termo de "audiovisual galego", e decidir, de unha vez, que carallo se debía entender por audiovisual galego. Como sempre, non houbo unanimidade, e non se chegou a consenso, inda que sí a unha especie de acordo de facto, ou cando menos a unha idea de que era o que se pensaba dende o sector. Estas ideas e o resultados destas discusións parecen estar recollidos na convocatoria de subvencions deste ano, onde hai unha serie de parámetros perfectamente definidos que clarifican o que debe ser unha producción audiovisual "galega", e que toma en conta bastante do que se falou e discutiu entre os distintos actores.

Por exemplo, unha producción subvencionable non ten por que producirse en galego como lingua orixinal. O cual parece lógico si queremos que o sector creza e deixe de ser local: ¿imaxinadesvos a angelica huston interpretando en galego? ou a buddy allen dirixindo en galego? Home, a cousa había de estar simpatica, pero non creo que funcionara moito ;) Vale, ¿significa esto que calquera productora da conchinchina pode vir e solicitar as axudas da xunta? Nopas. Se a rodaxe non é en galego, tomanse outros aspectos en conta, como o porcentaxe de participación de productoras galegas en coproduccións, ou o tanto por cen de traballadores galegos dentro da productora que solicita as axudas. Por suposto, se a producción é en galego, a obra é subvencionable.

Bueno, non é por tirarlle flores aos políticos, pero pareceme que cando fan ben unha cousa, haillo que recoñecer, e neste caso eu creo que, cando menos, intentaron recoller o pulso do sector, as suas necesidades e pensamentos en canto a caracterización dunha identidade propia de audiovisual, e nesa linea propoñer axudas para o desenvolvemento do sector, sin que estoimplique a sua non internacionalización.

Labels: ,

Sunday, June 04, 2006

Unha de radio dixital...



O dia 11 do mes pasado (xa casi hai un mes!, si, xa sei, a cousa cheira a rancio xa, pero dende vacamillo non queríamos deixar de comentalo...), o presidente da xunta, así polo miudiño, calado e sen falar moi alto (como fan estas cousas os politicos: claro! como non é unha inaguración ;) anunciaba en rolda de prensa que o concurso para a concesións das licencias para as radios dixitais en galicia quedaba deserta.

Non era de extrañar que chegaran a esta conclusión, e que en vacamillo pensamos que é a millor opción que podían ter escollido.. ¿por qué? por varios motivos

  • A tecnoloxía é cara. Un exemplo é maís claro que calquer parrafada que vos poida eu contar. Un dos operadores (por non decir o único) que proporcionaba os servicios de transmisión necesarios para emitir a señal dixital cobraba, no suposto maís barato, a friolera de 183.000 euros o ano (aprox. 30 millons de pesetas ao ano). Eso, para unha radio, e para un sitio como verín é unha BURRADA, porque para pontevedra por exemplo, pedían 430.000 euros ao ano.

  • As licencias concedíanse por demarcacións, i esas demarcacións viñan impostas dende madrid. I en Madrid non deben saber moito de demografía galega, pq realmente non tiñan moita lógica. Por exemplo, a fonsagrada tiña dereito a tantas emisoras como ferrol, ou ponteareas tantas como Santiago. Xa ves tu.

  • Non esta claro que a tecnoloxía DAB vaia ser a que se emprege na migración ao dixital (en radio): Ata o de agora esta tecnoloxía só cuajou nun pais (inglaterra), mentres que no resto de paises que inicialmente apostarón por esta tecnoloxía estase a abandonar e buscanse outras alternativas (DRM, DVB-M, ... )

  • Non hai receptores para escoitar as emisións, ou mellor dito, habelos hainos, pero o maís barato anda polos 80 euros. ¿quen conocedes vos que se vaia gastar 80 euros nun aparato só para escoitar a radio? nadie ¿verdad?

Así as cousas, a declaración deserta das concesións é o mellor que podían ter feito, a espera de que a tecnoloxía madure i os custes de explotación baixen.

Por outra banda, (como son os politicos, manda carrallo, non son capaces de dar unha mala noticia sen acompañala dun caramelo ;), e na misma rolda de prensa, Mr. Touriño anunciou a proxima licitiación de 100 novas licencias de radio analóxico en FM para galicia. Así, como quen non quere a cousa, i en plan tapadillo, dixo que seica falou co seu presi zp e llo confirmou "para proximamente"

Friday, June 02, 2006

Segunda canle TVG



Bueno, bueno, meus queridiños e queridiñas. Hai duas semanas, o actual director da CRTVG ( Mr. Benigno Sánchez) anunciou nunha comparecencia parlamentaria que seica ten a intención de poñer unha segunda canle de TVG a funcionar. Esto foi anunciado a bombo e platillo polos medios e pola xente cultureta como unha grande iniciativa do novo governo... (bueno, a parte de decir que o PP solo se queixa de que xa non hai nin gavilanes nin supermartes na gallega)

A ver, queridiñ@s. K non vos engañen. Recordade que a TVG xa ten mais de unha canle. A que coñecemos como TVG, é a sua emisión en analóxica (ou en dixital a traves de operadores de cable / digital +). Pero non é a única que existe: Hai duas canles internacionais que ven moitos galegos da diaspora (como se di agora, miña nai chamalles emijrantes), emitidas via satelite analóxico (lease astra, hispasat e demais familia), e que inclue algun que outro contido diferenciado. Tamen se está emitindo en internet (nesto a TVG foi, e segue a ser pioneira), inda que esta emisión é practicamente unha copia da emisión en analoxico da sua primeira canle, pero inda así, e principalmente por problemas de licencias nalguns contidos, tamen presenta contidos diferenciados (senon conectadevos a hora de emisión de un partido, ou dalgunha pilicula e xa veredes).

Eso por unha banda.

Por outra banda: ¿qué se programaría nesa nova canle? Por que para facer unha cousa como radio galega música, millor que empregen os cartos noutra cousa. (por exemplo en facer contratos fixos a xente da galega). Vamos digo eu. Xaime fandiño plantea muito ben este punto neste informe, onde fala de moitas cousas, vendo a dicir desta segunda canle que:

"...tal e como o propio Director Xeral destacou a cadea “será temática, xa que buscará un nivel de audiencia distinto ó dunha televisión xeralista, aínda que aproveitará as experiencias positivas” da TVG” ¿Que significa isto, que utilizará os materiais en stock da primeira cadea?, ¿realizaranse só traballos de empaquetado especial utilizando o fabuloso arquivo do ente autonómico?, ¿trátase dun caixón de xastre no que caiba calquera producción incluso temas de stock da cadea que non teñen ningún interese e cunha factura estética ou técnica de dubidosa solvencia?..."

Ahi estamos Fandiño. Tí si que sabes ;) i e que xa nos chega con un "20 na galega" (por certo: pedazo de cacho de projrama ¿k non? ;)

terceiro ¿realmente estamos preparados para outra nova canle pública en galego? VAle: Ilusión hai, e ganas de ter unha oferta distinta, mais cultureta e todo eso tamen. Ademais taria guai se servise como medio de expresión de outras Galicias distintas á generalista (como di Arsenio: Non todo vai ser Futbol). Pero, claro, ¿a que precio? Kero decir, hoxe en día as teles públicas son un buraco sen fondo economicamente falando, e a TVG non é unha excepción. Si se fai outra canle nova, eso significa maís cartos (cando menos se se quere facer ben), e pola pinta que ten, poucos ingresos (quen se iba anunciar nesa cadea:¿tratores tucho?). Non sei, non sei, pero eu primeiro arreglaría a canle xeneralista que hai, e despois de demostrar que se poden facer ben as cousas meteríame a tentar sacar esta segunda canle. (porque non me diredes que a TVG 1 xa está arreglada, por que entonces, apaga y vamonos).

Cuarto: Non deixedes que vos engañen (jodeeeer xa empezo a falar como os da COPE, que medo!!!), unha canle de TV non se fabrica nuns poucos meses. Xa se leva falando e traballando por ela dende hai tempo: mirade aqui ou aqui. Non é unha cousa nin dos do bloque de agora, nin dos do psoe de agora, nin dos do PP de antes, nin dos da mesa, nin de 4 bombilleiros... Hai moita xente que leva traballando moito tempor por esa canle, e son moitos e de moi diferentes ambitos: Xornalistas, empresarios, profesionais, artistas, politicos, funcionarios...

Bueno, pois eso, que espero que polo menos pensedes en vacamillo a proxima vez que oiades falar do da segunda cadea da TVG ;)

Labels: